Curso 2020-2021

Este protocolo de ADAPTACIÓN AO COVID do colexio Bayón ten por obxecto crear contornas escolares saudables e seguras mediante o establecemento das medidas preventivas, colectivas e individuais que deben adoptarse no presente curso escolar 2020/2021, tanto polo persoal docente e non docente como polo alumnado e as súas familias, co obxectivo de prever e protexer no máximo posible o risco de contaxio por COVID 19.
Este PLAN DE CONTINXENCIA  do colexio Bayón ten por finalidade establecer os procesos para o  reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a suspensión da actividade lectiva como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o cese da actividade presencial na aula, etapa educativa ou centro.


Relación de material e libros de texto, para o curso 2020-2021.

Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria