Ditas actividades están abertas a todos os rapaces e rapazas, de entre 3 e 12 anos sen importar o centro no que estuden ou o concello ao que pertenzan.
Impartirase, cada día, reforzo educativo para os nenos e as nenas que o precisen nas diferentes áreas. Realizaremos tamén actividades lúdicas en inglés. Os obradoiros adaptaranse ás diferentes idades e abarcarán ámbitos como o multideporte, manualidades, arte e pintura, teatro, música e baile, disfraces e maquillaxe, expresión corporal, relaxación, xincanas e búsqueda do tesouro entre outras. Contaremos cunha piscina portátil e realizaremos pequenas rutas sempre que o tempo o permita.
Os interesados podedes recoller as solicitudes de inscrición e pedir máis información no propio centro ou a través do número 981 87 11 10. Se queredes levar a solicitude cuberta, podedes descargar e cubrir o tríptico, no enlace que tendes debaixo.