NOVAS
INTERVIEW WITH OUR TEACHERS
Ines, our language assitant and the pupils of 4th course of primary prepared interviews for the teachers about their time in school. It was a fun project! English Interview with Teacher Anuska Susana: Good morning, today we are talking with
Anuska. Celia: What was your favourite subject? Juan: Who was your favourite teacher? Alberto: Did you like P.E.? Susana: Were you good at Music? Celia: Did you like Spanish class? Juan: Did you go on trips? Alberto: Thank you very much Anuska. English Interview with Teacher Barbara Brais: Good morning, today we are talking with
Barbara. Brais: Who was your favourite teacher? Dina: Did you like school? Iria: What was your favourite subject? Manuel: Where you good at English? Brais: What was playtime like? Iria: Was there a Sports Day? Dina: What time was recess? Manuel: Did you like the English teacher? Everyone: Thank you! English Interview with Teacher Inés Ebony: Good afternoon, today we are talking with Inés. She is an English teacher. Esther: What school did you go to? Brais: Who was your favourite teacher? Ana: Were you good at school? Ebony: What was your favourite subject? Esther: Were you good at P.E.? Teacher Inés: In the playground we played tag. Where you run and ´tag´ you´re it and you run after each other. And we played lots of games with different balls. And in the winter we played with snow and made snowmen and threw snow at each other. Everyone: Thank you! English Interview with Teacher Montse
Diego: Good morning, today we are talking with
Teacher Montse.
Teacher Montse: Hello. Everyone: Thank you! English Interview with Teacher Pili Natalia: Good afternoon, today we are talking
with Pili. She is the French teacher. Emma: Where you good at school? Aday: Did you like school? Gabriel: How many years are you a
teacher? Natalia: Did you like P.E.? Emma: Did you like grade 4? Pablo: What
games did you play in the playground? Gabriel: Did
you like Drama class? English Interview with
Teacher Vane Alvaro: Today we are
talking with Teacher Vane. Alvaro: Who was your
favourite teacher? Teacher Vane: School lunches were like this, in my school lunches were vegetables, fish, meat, rice. I liked this. Alvaro: Were you good at History? Teacher Vane: Yes, I liked History. Egyptian history and the Stone Age but I didn´t like modern History. Nuria: Were you good at Maths? Teacher Vane: Yes, I liked Maths when I was like you, younger, but when I have 14 or 15 years old I didn´t like Maths because it was very difficult for me. Nuria: Was there a Sports Day? Teacher Vane: Yes, everyday I play volleyball. I love volleyball in my school. Everyone: Thank you! |
Taller de poesía
Os alumnos de 4º fixemos un taller de poesía na clase de lingua castelá. Primeiro coñecemos distintas poesías e poetas. Escoitamos as nosas cancións favoritas. Como última actividade convertémonos en poetas, e que mellor que adicarlle as nosas poesías a nosas nais….. Esperamos que vos gusten, nos pasámolo moi ben escribíndoas e recitándoas. |
Ensalada Bayonista
Xa temos leitugas na nosa Hortiña Sombría, e non podemos evitar probalas,teñen tan boa pinta!!!! Como empezamos a ter bo tempo, ocorréusenos facer unha ensalada tropical, acompañando a nosa variada selección de leitugas da Hortiña do Bayón (rizada, roble, lisa) con millo, olivas, froitos secos e refrescantes froitas de tempada (sandía, mazá, amorodos, melón...). Aproveitamos para facer un repaso da pirámide dos alimentos e darnos conta do divertido e rico que pode ser elaborar un prato saudable, repleto de vitaminas, que nos proporcionan vitalidade para nos manteñen sans. Realizamos un vídeo para que vexades o xeitosos que somos cociñando, esperamos que vos guste tanto coma a nós!!!!! |
“Actividades deportivas: torneos inclusivos”
O xoves 2 de maio, disfrutamos dunha mañá de deporte cun grupo de membros
da Asociación Ambar: Mª Carmen, Javi,
Domingo, Jesús, Gonzalo, Dani, Manuel, Héctor xunto cos seus monitores Pablo e
Laura chegaron dispostos a compartir con nós unha xornada de xogos, alegría e
bo humor. Resultaron incansables adaptándose a todo tipo de idades, xa que
aínda que a actividade era para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P, o resto
dos nosos nenos e nenas uníronse ao bo ambiente que había, chegando a mesturarse os equipos de xogadores de todas as
idades. Unha loucura, pero pasámolo tan ben!!!! Ademais de interesantes e divertidos partidos de fútbol sala e baloncesto, tivemos tempo para descansar e recuperar forzas cunha merenda saudable, momento que tamén aproveitamos para coñecernos e compartir diferentes experiencias e anécdotas. A actividade rematou coa firme promesa de ir a visitalos a súa asociación para ensinarnos todo o que alí fan e botar algún que outro partidiño máis. Esta actividade é unha desas actividades que che deixan con moi bo sabor de boca, coa que estamos completamente seguros de que o traballo mereceu a pena e que tanto o que recibiron como transmitiron os nosos rapaces e rapazas é froito das aprendizaxes e experiencias do día a día. |
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019. Xúntase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. Máis información: |
DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Como nos gusta no cole Bayón coñecer diferentes formas de comunicación !!! Nesta ocasión, practicamos a Linguaxe de Signos (L.S.E.), coa cal os nosos alumnos e alumnas están familiarizados, empregándoa habitualmente como axuda para estudar o abecedario ou os números, para relaxarnos e comunicarnos sen facer ruído, para saudarnos dunha forma especial, para xogar a deletrear palabras e, incluso, para contar un conto. Si, tamén nos encantan os contos en Linguaxe de Signos, por iso recibimos con moito entusiasmo a visita duns contacontos moi especiais, dous membros da Asociación Ambar de Ribeira, que nos contaron como os alumnos e alumnas do Colexio Bayón salvaron unha árbore durante un día de excursión. A historia encantounos e permitiunos aprender novo vocabulario en linguaxe de signos, ademais de darnos conta de que prestando atención e mantendo a mente aberta podémonos comunicar sen facer uso da linguaxe oral. Desta forma demos por finalizada a celebración do “Día Mundial do Síndrome de Down”, tema que tratamos nas aulas por medio de charlas, visionado de curtametraxes, películas, lectura de contos ou artigos de prensa. Ademais, os nosos peques de Infantil e de Primaria, debuxaron corazóns e lazos azuis e amarelos para adornar o cole e recordar sempre que... “todos e todas somos iguais, porque somos diferentes”. |
Profe por un día
As nenas e os nenos de 1º de Primaria son tan maduros e responsables, que durante esta avaliación foron eles os mestres e mestras. Viviron nas súas propias carnes a experiencia de ensinarlles un tema aos seus compañeiras e compañeiros, foron: profes por un día! Escolleron un tema, preparárono na casa, coa axuda das súas familias e foron os mestres e mestras ese día. Elixiron temas de Ciencias Naturais, como: as nosas mascotas, animais da aldea, animais salvaxes, animais do océano, tiburóns, a metamorfose das bolboretas, os dentes e a boca, os pulmóns... Tamén escolleron temas de Sociais, como: as bandeiras do mundo, o noso Concello, o Parque Natural e Lagoa de Vixán, os dinosaurios, Panxea (o supercontinente), a pesca, aparellos e especies, primeiros auxilios... E temas variopintos, como a gastronomía doutros lugares: preparación do cuscús de Marrocos, fenómenos meteorolóxicos: o arco da vella, ídolos dos libros e da tele: Harry Potter, deportes marítimos: regatas de veleiros, electrodomésticos: a roomba... Todos eles temas interesantes e emocionantes. Aprenderon a utilizar a pantalla dixital, realizaron murais e actividades plásticas, trouxeron obxectos e fotos das súas casas... prepararon as súas leccións a conciencia, como se de estudantes universitarios se tratara. Serán grandes mestres e mestras algún día! |