NOVAS‎ > ‎

1º DE PRIMARIA DE EXCURSIÓN POR RIBEIRA

publicado a la‎(s)‎ 28 feb. 2018 11:51 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 28 feb. 2018 11:52 ]

O mércores foi o Día da Lingua Materna, con este motivo, os nenos e nenas de 1º de Primaria fixemos unha saída polas rúas de Ribeira. Así, mentres coñecemos a nosa vila, reforzamos os contidos aprendidos na área de Ciencias Sociais: imos pola beirarrúa, cruzamos a calzada polo paso de peóns, co semáforo en verde, reciclamos o lixo nos colectores axeitados, vimos o Concello, un policía municipal ensinounos o seu coche… e mesmo aproveitamos para ver o mar, xa que había un forte vento do nordeste.

Logo, asistimos a un espectáculo moi divertido no Auditorio Municipal: os protagonistas de “Xarope Tulú” deleitáronnos cuns contos en galego fermosos e cheos de valores, cantamos e démonos fortes apertas durante a función.

Merendamos e xogamos no Parque do Centenario e subimos camiñando outra vez. Non nos queixamos nadiña, e iso que a costa é moi grande! O que máis nos gustou foi disfrutar na compañía das nosas amigas e amigos.