Durante o 2º trimestre realizamos un proxecto sobre A Paisaxe. Traballamos a rúa, a reciclaxe, os elementos humanizados e naturais, paisaxes rurais e urbanas, aldeas, vilas, cidades… Aprendemos a escribir cartas e o funcionamento da Oficina de Correos, neste punto foi onde tivemos a idea de cartearnos con rapazas de rapaces doutros colexios. Entón apareceron os nenos e nenas de 2º de Primaria do CEIP Isaac Peral de Ferrol, que nos escribiron e nos mandaron unas cartas moi lindas. Escribiron sobre o seu cole e sobre a súa cidade, Ferrol. Nós, por suposto, devolvémosllas: fixemos outras cartas para eles e elas, nas que explicabamos os nosos gustos e aficións, falamos sobre o noso cole e a nosa vila, Ribeira. Mandamos debuxos e unha foto da clase no Entroido, disfrazados dos personaxes de Alicia no País das Marabillas. Agora temos amigos en Ferrol e estamos desexando coñecelos, foi un proxecto xenial, co que aprendemos e disfrutamos. |
NOVAS >