O xoves 2 de maio, disfrutamos dunha mañá de deporte cun grupo de membros
da Asociación Ambar: Mª Carmen, Javi,
Domingo, Jesús, Gonzalo, Dani, Manuel, Héctor xunto cos seus monitores Pablo e
Laura chegaron dispostos a compartir con nós unha xornada de xogos, alegría e
bo humor. Resultaron incansables adaptándose a todo tipo de idades, xa que
aínda que a actividade era para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P, o resto
dos nosos nenos e nenas uníronse ao bo ambiente que había, chegando a mesturarse os equipos de xogadores de todas as
idades. Unha loucura, pero pasámolo tan ben!!!! Ademais de interesantes e divertidos partidos de fútbol sala e baloncesto, tivemos tempo para descansar e recuperar forzas cunha merenda saudable, momento que tamén aproveitamos para coñecernos e compartir diferentes experiencias e anécdotas. A actividade rematou coa firme promesa de ir a visitalos a súa asociación para ensinarnos todo o que alí fan e botar algún que outro partidiño máis. Esta actividade é unha desas actividades que che deixan con moi bo sabor de boca, coa que estamos completamente seguros de que o traballo mereceu a pena e que tanto o que recibiron como transmitiron os nosos rapaces e rapazas é froito das aprendizaxes e experiencias do día a día. |
NOVAS >