O xoves 14 e venres día 15 de decembro, os alumnos e alumnas de 5° de Educación Primaria, en colaboración co GALP Ría de Arousa, desfrutaron dunhas sesións de aula e traballo de campo nas que se traballou a concienciación e respecto polo medio ambiente. O xoves realizamos diferentes xogos na aula nos que aprendemos a diferenciar e clasificar os residuos que xeramos diariamente. Tamén falamos sobre as diferentes especies dos mares e océanos do mundo. O venres, puxémos en práctica todo o aprendido o día anterior. Na praia de Coroso, fixemos unha recollida selectiva de todos os elementos que fomos recollendo no areal. Os rapaces e rapazas, xunto cos seus mestres e monitores, desfrutaron desta actividade nun clima moi positivo de aprendizaxe e colaboración. |
NOVAS >