NOVAS‎ > ‎

Alfareiros de Buño

publicado a la‎(s)‎ 26 abr. 2017 4:36 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 26 abr. 2017 4:38 ]
   A pasada semana os pequenos do colexio levaron moi orgullosos para as súas casas un agasallo moi especial. 

Recordamos neses días a visita que nos fixeran os oleiros de Buño, na cal lembramos o que nos contaran do seu traballo, de onde sae o barro e cómo funciona un torno. Cada neno/a elaborara as súas propias figuriñas e puidera gozar coa experiencia de manipular o barro nun torno manual antigo. 
Esta pasada semana vernizamos as producións creadas polos pequenos/as e para que quedasen máis bonitas envolvéronas en papel de agasallo. Deste xeito puxeron en práctica todas as súas habilidades manipulativas.