Culminado
con éxito o Andatón das Letras Galegas 2014-2015.
Os
rapaces da ESO do noso Colexio, fixemos un fermoso percorrido pola contorna
do concello, visitando paisaxes
marítimas coma o novo paseo do Touro, as praias de Castiñeiras, Aguiño e o
Vilar, aldea de Teira… e de montaña como
o Tahume. A chegada tivo lugar en Oleiros, ó lado mesmo da Igrexa. O segundo
día de andaina empezou onde o deixamos. Subimos a Moldes, baixamos ó porto de
Palmeira e despois de camiñar por Coroso, chegamos de novo ó Colexio rematando
así a xornada. Este é o momento de descanso no que os rapaces contan as
vivencias que tiveron lugar durante este
día e medio de andaina.
O
ambiente de compañeirismo e ledicia
presidiu todo o traxecto. Os alumnos de cursos superiores, xa máis curtidos
nesta experiencia, axudaban ós máis novos que se enfrontaban a este reto por
vez primeira.
Os
profesores situados en puntos estratéxicos, velaron para que toda a xornada
descorrera sen incidencias.
Tamén
contamos coa visita e colaboración inestimable de antigos alumnos que sempre
son recibidos cos brazos abertos.
Roteiro do primeiro día
Roteiro do segundo día
|