NOVAS‎ > ‎

Andatón 2016

publicado a la‎(s)‎ 28 may. 2016 12:05 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 28 may. 2016 12:05 ]
   O pasado venres 13 de maio, celebrouse, como xa se ven facendo dende fai 16 anos, o Andatón. Esta actividade consiste en percorrer andando a periferia do concello en dúas xornadas, facendo noite no Colexio
   Esta experiencia, que aúna cultura, deportividade, afán de superación e compañeirismo, comezou como culminación dunha serie de rutas de sendeirismo que se viñan realizando dende facía algúns anos, e que continúan na actualidade.
   Este ano tivo para todos nós unha especial transcendencia, xa que decidimos adicar o Andatón ao noso compañeiro Vicente, dado que era unha das persoas máis implicadas en dita actividade, na cal participaba con gran entusiasmo.
   Neste día contamos coa presencia de Carmela, Antón e Uxía, muller e fillos de Vicente, que nos acompañaron durante a primeira xornada, e cos que lembramos todos os momentos vividos con el ao longo de todos estes anos.


Se queres descargar esta imaxen con máis calidade, preme no enlace que tes debaixo.
ą
Pepe Lijó Pose,
28 may. 2016 12:05