1ª Xornada. Hoxe comezamos a XVIII edición dunha das actividades máis emblemáticas do Colexio Bayón. Coma sempre saímos dende o centro cara ó Touro para comezar a andaina que nos levou a percorrer unha gran parte do perímetro do noso concello. Un grupo de máis de cen alumnos completamos a xornada, pero o máis importante foi a experiencia, o compañeirismo e a satisfacción de ser quen de superarnos neste reto que gardaremos sempre no recordo. Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe de fotos realizadas no día de hoxe. |
NOVAS >