NOVAS‎ > ‎

Andatón 2017 “Andares Galegos”

publicado a la‎(s)‎ 18 may. 2017 12:14 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 18 may. 2017 12:20 ]
2ª Xornada.
Canto madrugamos! Despois dunha noite de pouco durmir, preparámonos para completar a segunda etapa do Andatón. Saímos de Oleiros con puntualidade e con chuvia, atravesamos Moldes con néboa, en Palmeira xa quentaba o sol, en Coroso agardaba Maica para fotografarnos un pouco antes de rematar. Chegamos ao cole, recollemos os petates e marchamos para a casa, satisfeitos de ter completado un ano máis o reto do ANDATÓN.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do segundo día.