NOVAS‎ > ‎

Ano das Artes 2016, adicado a Castelao

publicado a la‎(s)‎ 25 abr. 2016 9:58 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 25 abr. 2016 10:19 ]

   Visitamos Pontevedra 3º e 4º de ESO para coñecer mellor a obra artística do rianxeiro, e complementar os nosos coñecementos sobre o escritor.
Visitamos a exposición "Castelao Artista" no Museo Provincial, e da man dunha guía do mesmo, fomos aprendendo sobre as distintas técnicas empregadas polo autor: pintura ao óleo, gravados, acuarelas, caricaturas... Puidemos ver os orixinais do Álbum Nós, Milicianos, o cartel do Estatuto, os debuxos de negros, o álbum Cousas...

   Logo, percorremos as rúas da zona vella da cidade no Roteiro Castelao: as prazas cos cruceiros que estudou Castelao, os lugares nos que traballou ou viviu, o instituto no que deu clase ou os proxectos que presentou para mellora de Pontevedra.

   Unha maneira diferente de aprender fóra da aula.