NOVAS‎ > ‎

A ROMAXE

publicado a la‎(s)‎ 24 jun. 2016 13:21 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 24 jun. 2016 13:22 ]

Os pandereteiros e pandereteiras, bailadores e bailadoras, cantadores e cantadoras do cole Bayón participamos nunha gran festa con motivo das Letras Galegas: a nosa Romaxe.

Estivemos ata a última hora pendentes da climatoloxía, que ao final nos permitiu pasar unha preciosa mañá coas nosas familias, mestras e mestres. Puidemos amosar o aprendido durante este curso nas clases de baile e pandeireta e os compañeiros de Infantil cantaron moi fermoso na nosa lingua.

Ademais, é para nós este ano moi especial, pois a celebración estaba dedicada a Manuel María, un escritor que nos encanta e nos permite coñecer a súa obra, tan sinxela e alegre.