Como cada ano, a nosa celebración das Letras Galegas foi unha festa: A Romaxe Mariñeira. O martes 16 pola mañá, saímos camiñando dende o colexio todos xuntos, os nenos e nenas de Infantil e de Primaria, ata o Parque Periurbano de San Roque. No anfiteatro, a música tradicional foi a protagonista: Todos os nenos e nenas de Infantil cantamos cantigas populares e os de Primaria recitamos poemas de Rosalía, bailamos diferentes muiñeiras e tocamos cancións tradicionais coa pandeireta, mentres cantamos. O espectáculo foi moi fermoso. Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano, estivo presente en todo momento, xa que os presentadores de 6º E.P. representaron a Galiña Azul dunha maneira moi divertida, provocando o sorriso no público. Os nosos avós, avoas, papás e mamás viñeron a vernos... Este ano viñeron familias enteiras! Estaba o anfiteatro abarrotado! Despois da celebración, quedamos no parque xantando e xogando coa natureza ata que foi hora de volver camiñando ao cole. Como disfrutamos do aire libre!!! |
NOVAS >