NOVAS‎ > ‎

Axudas do MECD

publicado a la‎(s)‎ 12 sept. 2018 13:56 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 12 sept. 2018 13:57 ]
Infórmase ás familias que está aberto o prazo para a solicitude de Axudas do MECD para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo externo ao centro para o curso 2018-19. Esta necesidade ten que vir derivada de Discapacidade, Trastorno grave de conduta, TDAH ou Altas Capacidades (BOE 14 agosto 2018,estrato da resolución). O prazo remata o 27 de setembro. As solicitudes deben cumprimentarse individualmente a través da sede electrónica do MEC www www.mecd.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional no enderezo https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a "Trámites y Servicios". Para máis información poden poñerse en contacto co Dep. Orientación do centro.