NOVAS‎ > ‎

Axudas material, comedor e transporte do Concello de Ribeira

publicado a la‎(s)‎ 2 sept 2021, 4:36 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 2 sept 2021, 4:52 ]

O mércores 1 de setembro comeza o prazo de presentación de solicitudes para poder optar á concesión de axudas para libros, material escolar e comedor ofrecidas polo Concello de Ribeira.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, detallou as características destas axudas, cuxo prazo para solicitalas é de 15 días hábiles (ata o 21 de setembro).

As subvencións están dirixidas ao alumnado de centros docentes públicos e concertados de educación infantil, primaria e secundaria do municipio e a tal efecto cóntase cunha partida orzamentaria de 40.000 euros, dos cales 2.000 son para a adquisición de libros e material escolar e 38.000 para comedores. Cómpre resaltar que os libros e material escolar para educación infantil só poden adquirirse exclusivamente no comercio local como unha medida para apoiar o noso tecido económico. No que se refire ao comedor, a contía é de 5 euros máximo por persoa ao día.

Ademais, este ano como novidade no ánimo de facilitar a tramitación se habilitan varias opcións á hora de presentar a documentación requirida. Así, ademais do rexistro xeral situado na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ribeira tamén caberá a posibilidade de presentala no rexistro instaurado nas propias dependencias de Servizos Sociais. Por suposto, tamén se pode formular de xeito electrónica na propia páxina web municipal (www.ribeira.gal), onde se creou un procedemento específico para esta convocatoria.



Ċ
Pepe Lijó Pose,
2 sept 2021, 4:51