NOVAS‎ > ‎

Axudas ANEAE (necesidades específicas) MEC

publicado a la‎(s)‎ 10 sept 2020 2:06 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 10 sept 2020 2:25 ]

Infórmase ás familias que está aberto o prazo para a solicitude de Axudas do MECD para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo externo ao centro para o curso 2020-21. Esta necesidade ten que vir derivada de Discapacidade, TDAH, TEA (Trastorno do Espectro Autista), Altas Capacidades ou Trastorno grave de Conduta. A información completa está na “Resolución do 31 de julio de 2020 de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2020-2021”, e o estrato da resolución no BOE núm. 214, do 8 de agosto de 2020. O prazo remata o 25 de setembro. As solicitudes deben cumprimentarse individualmente a través da sede electrónica do MEC www.mecd.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación y Formación Profesional no enderezo https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a "Trámites y Servicios". Para máis información poden poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro.

Ċ
Pepe Lijó Pose,
10 sept 2020 2:24
Ċ
Pepe Lijó Pose,
10 sept 2020 2:24
Ċ
Pepe Lijó Pose,
10 sept 2020 2:24