Os alumnos danlle a benvida ao noso compañeiro Larosi que
un curso máis incorpórase ao noso centro logo de pasar o verán coa súa familia e
amigos nos campos de refuxiados do Sahara de Tinduf (Arxelia).
Aos 7 anos, Larosi, comezou a vir á nosa localidade pasar dous meses de
verán no programa de Vacacións en Paz coordinado
pola Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui,
acollido pola familia de Manola e Paco. Ao rematar o período en que os nenos
saharauis veñen nas Vacacións en Paz, poden ser acollidos pola mesma familia
para continuar os estudos no noso país, e esta é o motivo de que Larosi estea
con nós.
Durante o curso pasado realizamos actividades para coñecer a historia do seu conflito, vimos documentais, debatimos nas aulas e asistimos a charlas na que o propio Larosi e mais Amparo Cerecedo (Delegada da SOGAPS) nos mostraron a realidade que viven os saharauis na actualidade. Larosi veu a aprender de nós pero nós tamén aprendemos moito del e sobre todo decatámonos de situacións humanitarias menos privilexiadas que as nosas, e sensibilizámonos de un conflito case esquecido e por resolver dende hai 40 anos. Con el compartimos tamén a cerimonia do té, onde nos
manifestou os seus sentimentos, as súas emocións e as súas inquedanzas, e nos
contou que ven a Galicia ca ilusión de aprender cousas novas, sacar os estudos,
e axudar á causa do seu país e conseguir a liberdade do Sahara.
Ao rematar o curso pasado os seus compañeiros
despedíronno con un escrito moi emotivo. Se queres lelo, cliclea máis abaixo para abrir o documento.
|
NOVAS >