Na viaxe que acaba de realizar aos campamentos de refuxiados unha mestra do noso centro, ademais de poder achegarse á realidade da vida diaria de tantos nenos e nenas que viven no exilio do deserto, tamén puidemos deixar o noso gran de area en forma de debuxos e sorrisos. Os nenos e nenas de 5º de E.P. preparáronlles con todo cariño unhas mensaxes de ánimo con debuxos feitos por eles, e que foron entregados no Colexio Valencia, en Tifariti, na wilaya de Esmara. Foi para todos unha experiencia emocionante, xa que recibir o agarimo e sentirse acompañados fai un pouco máis levadeira a vida que agardan por regresar ao seu país. De todos os nenos e nenas
saharauis: Shukran, Colexio Bayón!!!
|
NOVAS >