O pasado luns día 17 de outubro
comezamos no noso centro, unha campaña
de recollida de roupa e calzado,
na que poden participar todos aqueles que o desexen. A iniciativa parte da ONG
Solidariedade Galega co pobo Saharauí, que nos convida a sumarnos a unha campaña a nivel comarcal,
coa intención de colaborar no Proxecto Vacacións en Paz de acollida
durante os meses de verán, a nenos e nenas procedentes dos campos de
refuxiados. Poden traer as súas doazóns ata o xoves 27 deste mes. Grazas pola súa colaboración.
|
NOVAS >