NOVAS‎ > ‎

Cartas de Sáhara

publicado a la‎(s)‎ 23 mar. 2017 9:50 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 23 mar. 2017 10:05 ]

   Un ano máis volvemos a recibir resposta ás cartas que enviamos aos campamentos de refuxidados saharauís o alumnado de 3º e 4º de ESO. Desta vez, o "carteiro" foi Larusi, que no mes de decembro foi visitar á familia en Auserd. Aproveitamos e enviamos as nosas cartas para os compañeiros do colexio Simón Bolívar, que viven internos no centro durante a semana, e  preparan a ESO e o Bacharelato en español, para poder continuar os seus estudos. Viñeron de volta canda Ramón "Filipino", que unha vez máis foi correr o Sahara Maratón en febreiro. A todos moitas grazas por participar!