NOVAS‎ > ‎

CATRO ALUMNAS RESULTAN PREMIADAS NO CONCURSO DE POESÍA “ASOCIACIÓN C. ALBARIZA DE ARTES”

publicado a la‎(s)‎ 3 jul. 2018 3:07 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 3 jul. 2018 3:08 ]
O pasado 24 de xuño fixéronse públicos os resultados do concurso de poesía de Artes no que catro alumnas do noso colexio resultaron premiadas, copando boa parte dos premios que se entregaban nesta edición.
Os poemas premiados foron: Pensamentos sen razón de Yamila Pena (1º ESO), No fondo dos meus soños de Lucía Pérez (2º ESO),  Os pensamentos de Carme Sarasquete (2º ESO) e Libre de Laura Santos (3º ESO).
Ante o gran éxito acadado polas nosas escritoras, dende o colexio CPR Bayón, queremos darlles a nosa noraboa e animar a todo o alumnado a participar neste tipo de iniciativas culturais e educativas.