NOVAS‎ > ‎

CEA SOLIDARIA

publicado a la‎(s)‎ 19 nov. 2015 8:07 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 19 nov. 2015 11:41 ]

O vindeiro sábado terá lugar a tradicional cea solidaria organizada pola delegación barbanzana da SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) no restaurante Chicolino de Boiro.

Esta é unha das actividades que cada ano se veñen celebrando para colaborar co programa de acollida “Vacacións en Paz”  e no que as familias da comarca participan de xeito habitual. O noso centro estará representado por un grupo de mestres, xa que se fará a presentación do proxecto educativo “Vicente Fernández”. Convidamos desde aquí a toda a comunidade educativa a asistir a esta cita solidaria.