Este xoves día 1 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5° de Primaria visitaron o Centro Cultural Lustres Rivas. Alí desfrutamos do espectáculo "Titoán, As aventuras do mozo Castelao", baseado nunha obra de banda deseñada de Inacio Vilariño sobre a vida do escritor. Despois desta fantástica actuación, visitamos a biblioteca municipal e unha exposición de Dalí. Os rapaces e rapazas gozaron dunha gran xornada lúdica e pedagóxica na que aprenderon varios aspectos da nosa cultura. |
NOVAS >