O alumnado da ESO recibiu a visita da escritora viguesa An Alfaya despois de ler dúas das súas obras: O cero escuro e A cea das enaguas. Sempre é interesante poder compartir cos autores as nosas impresións sobre as lecturas, facerlles preguntas e reflexionar sobre o feito de escribir e ler como fonte de pracer. Disfrutamos da novela de misterio e aprendemos a valorar a creatividade , mesmo interpertando ao noso xeito o final. A autora rematou asinando os exemplares que levamos este luns pola mañá ao Salón de Actos. Pola tarde, tivo un encontro coa rapazada de 3º e 4º de E. Primaria, xa que eles leron Down e tiñan moitas ganas de coñecela e falar con ela. Agradecemos que nos adicara o seu tempo! Grazas por vir! |
NOVAS >