NOVAS‎ > ‎

Charla co autor Manuel Núñez Singala

publicado a la‎(s)‎ 12 abr. 2016 10:13 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 12 abr. 2016 10:15 ]

   A mañá do martes 12 de abril, 3º e 4º de ESO disfrutou dun encontro co autor de "Instrucións para tomar café". Un libro de relatos, áxil, irónico e respectuoso coa lingua e os nosos costumes, que serviu de punto de partida para compartir, alumnado, mestras e escritor, unha hora diferente. Falamos do galego como lingua que nos identifica como pobo, da natureza do ser galego, pero tamén das xentes de outras latitudes, da maneira de ver a vida e sobre todo das diferenzas que lonxe de desunirnos forman parte da diversidade que nos enriquece.

Un millón de grazas por vir!