NOVAS‎ > ‎

Charla co escritor Ricardo Gómez

publicado a la‎(s)‎ 30 ene. 2017 12:42 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 30 ene. 2017 12:42 ]

O pasado mércores achegouse ao centro o escritor Ricardo Gómez para conversar e comentar coa ESO as próximas lecturas de trimestre. Así puidemos saber das súas lecturas preferidas, do seu compromiso coas causas xustas e como abandonou a docencia como profesor de Matemáticas para adicarse a escribir.

Ricardo Gómez, lévanos cos seus libros ata Irak (Poemas de la arena), Kosovo (Diario de un campo de barro) ou o Sáhara (El cazador de estrellas). Comprendemos os perigos da rede e internet en Juegos, inocentes juegos.  Escribe para o público infantil, xuvenil e adulto. Recibiu prestixiosos premios, coma o Barco de Vapor, O Alandar de literatura xuvenil ou o Gran Angular.  Pensa que a lectura nos axuda a comprender mellor ás persoas, os seus sentimentos e inquedanzas, sen importar que estean lonxe ou sexan diferentes a nós.

Moitísimas grazas por vir.