O Colexio Bayón, colabora coa campaña solidaria de recollida de material escolar dentro do proxecto educativo “Vicente Fernández”, que consiste no envío aos campos de refuxiados saharauís de material básico para o vindeiro curso. Na campaña, organizada por SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), participaron todos aqueles alumnos e alumnas que o desexaron, achegando ao centro bolis, lápices ,gomas, ceras, rotuladores, cadernos, etc… O recadado entregarase á asociación a finais de xuño para o seu envío aos campos de Tinduf. Agradecemos a súa colaboración. |
NOVAS >