NOVAS‎ > ‎

Comezamos a ruta ...

publicado a la‎(s)‎ 18 feb. 2019 10:03 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 18 feb. 2019 10:10 ]
Comezamos a ruta no Polígono Industrial da Pobra cunha dura subida de 5 km, ata chegar ao mirador da Curotiña, visitamos a escultora de Valle-Inclán e falamos un poco sobre a súa vida. Continuamos o sendeiro ata o cumio da Curota, facendo unha parada na placa homenaxe ao noso compañeiro Vicente. Xa na cima, merendamos e descansamos un pouco. Continuamos o percorrido pola parte alta do canón do Río San Xoan ata o parque de aeroxeradores, falando sobre a importancia das enerxías renovables. Estivemos aos pés dos dous aeroxeradores  máis altos da zona. Despois chegou a desexada hora da comida e xogos na natureza (algún rapaz aproveitou para unha siesta) Retomamos o camiño pola espectacular zona dos Forcados, alcanzando o seu cumio, o punto máis alto do percorrido. Despois comezamos o longo descenso ata a Pobra, onde nos recolleu o autobús para levarnos de  volta ao colexio.