NOVAS‎ > ‎

COMEZA O OUTONO EN INFANTIL

publicado a la‎(s)‎ 11 nov. 2015 1:32 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 11 nov. 2015 1:39 ]

Co comezo do outono o pasado 23 de outubro os nenos/as da Educación Infantil fixeron unha excursión polos arredores do colexio para recoller o froito típico desta época: as castañas. Aproveitamos que no patio temos representación da árbore que produce este froito, e deste xeito os máis pequenos puideron ver como nacen as castañas xa que están cubertas por un peculiar envoltorio: un ourizo.

Ao mesmo tempo recolleron follas secas que empregaron para a elaboración dun mural para expoñer nos corredores do colexio e que represente esta nova estación.