No mes de novembro, as alumnas e alumnos de pandeireta de 5º E.P. realizaron e gravaron unha curtametraxe para participar no concurso “Alberto Romero”, na honra deste poeta local. Esta curtametraxe podemos vela dende o 30 de novembro nesta páxina web. Con dita curtametraxe, chamada “A Recollida”, quedaron finalistas no mencionado concurso. Á entrega de premios asistiron tres alumnas e un alumno, en representación do curso, o pasado sábado 21 de xaneiro. Parabéns aos pandereteiros e pandereteiras! |
NOVAS >