NOVAS‎ > ‎

"Cousas" de Castelao

publicado a la‎(s)‎ 24 feb. 2017 4:50 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 24 feb. 2017 4:52 ]

O venres 17 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de Eso asistiron á representación teatral da adaptación feita polos Quinquilláns sobre a obra de Castelao “Cousas”.

 Así, chegan á escena os pequenos relatos que Castelao ilustraba cun debuxo. Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado. Castelao que manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa… provoca en todos o riso, pero tamén está moi presente a tristura e a traxedia. Aparecen en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante" que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a vergoña era peor que a fame, un tema, o da caída económica, que resulta familiar en tempos de crise.

“Cousas” é una das creación máis orixinais do autor rianxeiro, e chega ao alumnado con emoción e sentimento unido a un humor extraordinario que fai desta lectura e da representación una experiencia única.

Imaxes e video cedidas pola editorial Galaxia.