Este xoves 10 de decembro, os rapaces e rapazas de 5° de Educación Primaria participaron na celebración do Día dos Dereitos Humanos, organizado pola asociación AMBAR. Disfrutamos de diversos obradoiros en varias prazas e rúas de Ribeira. Foi unha actividade moi interesante, na que nos encanta participar ano tras ano, pois axuda aos nosos rapaces e rapazas a formarse como persoas respectando as diferenzas entre os seres humanos. |
NOVAS >