O pasado mércores tivemos unha visita moi especial, tratouse de dous xoves investigadores, estudantes de medicina e pertencentes á asociación “Scienceffect” da Universidade de Santiago de Compostela. Eles contáronnos a súa historia persoal. Comezaron a realizar traballos de investigación en 3º da ESO, no campo das vacinas e tamén das ondas electromagnéticas!!....e todo debido á súa gran curiosidade e á súa constancia no traballo.Tamén nos fixeron algún pequeno experimento e a continuación repasaron algúns conceptos fundamentais da ciencia ao longo da historia. Para finalizar realizamos un xogo con imaxes para descubrir si estas representan ou non a realidade. Pareceunos unha charla moi interesante para tratar de incentivar nos rapaces a súa curiosidade pola ciencia e a importancia da investigación nos diversos campos de aplicación. |
NOVAS >