NOVAS‎ > ‎

Día da Nai

publicado a la‎(s)‎ 14 may. 2017 7:36 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 14 may. 2017 7:41 ]
   Ao igual que co día do pai xa pasaron uns cantos días desde o 7 de maio, e de seguro xa todas as mamás puideron abrir a súa sorpresa dese día tan especial. 
Neste curso os máis pequenos do colexio quixeron traballar un pouquiño con teas polo que se escolleu un delantal para personalizalo para cada unha das súas nais. Os nenos/as gozaron moito poñendo en práctica as técnicas artísticas empregadas e quedaron moi satisfeitos co resultado.
O agasallo pódese compartir con outros membros da casa, xa que as tarefas do fogar fanse mellor compartidas por todos. Así que esperamos que lles gustase moito o agasallo a todas as nais e que o empregue toda a familia.