NOVAS‎ > ‎

Día da Paz

publicado a la‎(s)‎ 5 feb. 2018 6:50 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 5 feb. 2018 6:56 ]
Este martes día 30 de xaneiro, celebramos no noso colexio o Día da Paz.Os alumnos e alumnas traballaron durante varios días nuns carteis con motivos e contidos relacionados con esta salientable data.Tamén preparamos unhas cancións en inglés para interpretar durante o día da celebración. Ás 12.00 da mañá deste martes 30, reunímonos as etapas de Infantil e Primaria na pista deportiva exterior, e fixemos unha solta de globos de cores mentres cantamos as cancións.
Todos desfrutamos da actividade nunha xornada de paz e amizade.