NOVAS‎ > ‎

Día das Bibliotecas na ESO

publicado a la‎(s)‎ 26 oct. 2017 14:38 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 26 oct. 2017 14:43 ]

Este martes, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas na ESO cunha visita moi especial.

Pola mañá, achegámonos á Biblioteca do centro e alí puidemos coñecer os novos fondos de lectura xuvenil  e mesmo falar das nosas lecturas recentes, para convidar aos compañeiros a coñecelas mellor.

 Logo, visitamos o novo espazo habilitado como Sala de lectura, onde podemos pasar os recreos lendo prensa, cómics e revistas de divulgación, ou tamén os nosos libros de lectura trimestrais. Neste espazo, temos material de consulta dabondo para poder traballar en grupo ou realizar investigacións para tarefas escolares. Dispoñemos tamén dunha pizarra dixital e conexión a Internet para que o que poidamos precisar. Os que asistimos ao comedor, tamén podemos utilizar esta sala  antes de volver ás aulas pola tarde.

Rematamos a visita coñecendo un pouco mellor a Biblioteca “Don Carlos e Dona Lola”, na que contamos con exemplares da súa colección que nos chamaron a atención moitísimo pola súa antigüidade, preguntamos á profe Anuska polos obxectos persoais do despacho dos antigos directores do colexio: a medalla Castelao que recibiu don Carlos en 1999, os cadernos de traballo, a colección de obxectos antigos e os seus libros publicados, artigos de prensa, debuxos…

Foi una mañá entretida e diferente,  e agardamos que todos estes espazos nos sirvan para mellorar a nosa formación.