Hoxe, 24 de febreiro, Día de Rosalía o alumnado de 3º e 4º de ESO do noso centro súmase á campaña #RosalíaTe convocada pola Asociación de escritores en lingua galega (aelg). No día do aniversario da poeta, volvemos a ler e escoitar os seus versos, como é A "Negra sombra", na voz de Luz Casal e con música de Carlos Núñez. Rosalía e a súa voz adaptada ás novas tecnoloxías con este mannequin challenge. Desde o Equipo de Dinamización Lingüística: feliz Día de Rosalía a toda a comunidade educativa do Colexio Bayón.
|
NOVAS >