NOVAS‎ > ‎

Día de Rosalía

publicado a la‎(s)‎ 1 mar. 2018 14:16 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 7 mar. 2018 13:17 ]
A nosa escritora favorita estivo de aniversario o 24 de febreiro. Os nenos e nenas de Primaria estudaron a súa vida e aprenderon poemas desta autora galega.

Os alumnos e alumnas de 1º E.P. convertiron o poema “Airiños, airiños aires” nun pasodobre galego, os de 2º aprenderon a recitar “Quíxente tanto, meniña”, os de 4º fixeron un maneo do “Quererte hei, Galicia” e os de 6º E.P están traballando “A xustiza pola man”.

En Secundaria, preparamos a nosa “Árbore da Poesía” con versos, poemas e debuxos relacionados coa autora. Co conxunto do nosos traballos elaboramos un vídeo e participamos na convocatoria da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) subindo ás redes sociais os parabéns polo Día de Rosalía coa etiqueta #AbrideAFiestra. Desta maneira homenaxeamos á Rosalía que tan ben cantou a voz do pobo, solidaria cos máis desfavorecidos e fervente defensora da lingua e os costumes da nosa terra.

No noso cole o aniversario de Rosalía de Castro sempre se celebra con gran entusiasmo. Parabéns Rosalía!

Vídeo 3º de ESO

Vídeo 1º de PRIMARIA
Vídeo 4º de PRIMARIA