NOVAS‎ > ‎

Día do Libro

publicado a la‎(s)‎ 2 may. 2017 23:52 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 2 may. 2017 23:53 ]
   Ao longo destas semanas, estivemos afondando na vida e obra de Agustín Fernández Paz, co gallo da celebración do Día do Libro. En 3º e 4º de ESO procuramos información sobre a súa biografía, a súa extensa obra, así coma os diversos premios literarios acadados ao longo dunha vida tan completa como escritor. Demos boa conta diso, nos nosos traballos en cartulina, que expuxemos canda un mural na aula de Idiomas.
O luns 24 reunímonos para ler en público unha parte da  obra “Rapazas”, que nos serviu de punto de partida para comezar coas nosas propias creacións. Alí permanecerá ao longo deste mes de abril unha exposición coas súas obras máis importantes. Durante esta semana fomos pasando os diferentes cursos pola mesma, para coñecer máis e mellor a este autor, un dos máis importantes narradores da literatura galega do s. XX.