Xa pasaron uns cantos días desde o 19 de marzo, pero non queríamos estragarlle a sorpresa aos pais que traballan fóra da casa e aínda non chegara para abrir o seu agasallo. Os pequenos/as do colexio elaboraron, con moito mimo, un lapiceiro cunha decoración que lles gusta moito. A maiores, como queren moito aos seus papás, fixeron unha postal para felicitarlles o día onde quedaron impresos todos os bicos que lles deron ese día. Este gran agasallo foi envolto por eles/as para que os pais non soubesen que ía dentro. Pasárono en grande elaborando todo o material e tamén gardando o segredo (ou máis ben intentando). |
NOVAS >