NOVAS‎ > ‎

Día Internacional da Concienciación do Autismo

publicado a la‎(s)‎ 2 abr. 2017 13:26 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 2 abr. 2017 13:29 ]
   Como colexio preocupado en educar en valores democráticos involucrámonos desta vez na concienciación desde as primeiras etapas educativas en fomentar valores de tolerancia e comprensión de trastornos coma o do autismo.
Aproveitando que o 2 de abril se celebrou o Día Internacional de Concienciación do Autismo, ao longo desta pasada semana organizáronse no colexio actividades colectivas e de traballo cooperativo que incluíron un obradoiro de maquillaxe, representación do corazón azul como símbolo do autismo, conto por pictogramas, etc.