NOVAS‎ > ‎

Día Internacional da Muller

publicado a la‎(s)‎ 10 mar. 2017 1:13 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 10 mar. 2017 1:17 ]

Mestras, alumnas, compañeiras, amigas… o 8 de marzo foi o día no que quixemos celebrar, homenaxear e lembrar  o valor da muller na nosa sociedade.

É responsabilidade de todos, concienciar da necesidade de acadar un mundo máis xusto e equitativo, no que a presenza da muller na vida social, política, laboral e cultural sexa plena e en igualdade de condicións. A carón das nosas mestras, en lembranza daquelas que loitaron pola dignidade, por acadar a igualdade de dereitos, 4º de ESO agasallamos ao alumnado e mestres do colexio cuns lazos de cor violeta. A maiores fixemos entrega dun agarimo ás mestras que nos levan acompañando durante toda a nosa traxectoria estudantil. O alumnado sorprendeunas na aula levándolles uns marcapáxinas, nos cales aparecían figuras femininas que foron emblemáticas na historia e loitaron por cambiar a sociedade para mellor.

Como resumo deste día realizamos un vídeo, que reflexa a importancia de destacar un día máis no que procuramos a paz,  a igualdade e a xustiza.

Vídeo gravado e editado por Laura Cruxeiras.