NOVAS‎ > ‎

DÍA INTERNACIONAL DO NENO CON CANCRO

publicado a la‎(s)‎ 5 mar. 2018 13:17 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 5 mar. 2018 13:26 ]
    O pasado día 15 de Febreiro  conmemorouse o Día Internacional do Neno con Cancro, todos os alumnos da ESO do Colexio Bayón quixemos aportar o noso pequeno gran colaborando coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) enviando cada un de nós, escritos con frases e debuxos aos nenos e xoves da aula hospitalaria da planta de pediatría do Hospital Clínico de Santiago. Coas nosas palabras quixemos expresar unha mensaxe de apoio e ánimo, comprendendo o momento crítico que estes nenos coma nós están pasando na súa vida, acompañándoos na súa enfermidade e nos tratamentos ás veces tan agresivos que están levando para superala.
Aproveitamos a visita da nosa colaboradora do programa ACTUA, a psicóloga da AECC Lucía A. Santuyano, para enviar as nosas mensaxes, fotos e vídeos, agradecendo que unha vez mais conte coa nosa pequena contribución.
Os alumnos da ESO