NOVAS‎ > ‎

DO SÁHARA A RIBEIRA

publicado a la‎(s)‎ 10 mar. 2016 11:58 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 10 mar. 2016 12:00 ]

Chegáronnos boas novas, despois de tanto tempo, por fin puidemos ler as cartas dos rapaces do Colexio Simón Bolívar!

 No mes  12, enviamos as nosas  que escribimos a finais de 3º ESO, e agora viñeron de volta as respostas , grazas a Ramón “Filipino”, que é o presidente do C.F.SÁLVORA.  Viaxou recentemente  para correr a Sáhara Maratón, que tivo unha duración de aproximadamente 6 horas e media. Adicoulla ao noso profesor e amigo Vicente.

Estábamos como un día máis na aula e entrou a nosa mestra, Marián,  e tróuxonos as boas novas, as cartas deses rapaces que amosaron moita educación, cariño e respecto. Os rapaces e rapazas, escribíronnos en castelán, que é  a lingua na que estudan todas as materias no seu cole, e contáronnos a súa situación actual, o que lles gusta facer, quen son os seus equipos preferidos ou que lles gustaría ser de maiores. Sorprendeunos que a pesar da situación na que viven, contan que son rapaces alegres e que non teñen todo o que temos nós, pero que aínda así son moi felices e o único que reclaman é a liberdade do seu país.

Nos vindeiros días imos contestalas, para que na primeira oportunidade poidan recibir as respostas e fortalecer así un pouquiño máis o vínculo de amizade que nos une.

Os rapaces e rapazas que respostaron as nosas cartas son: Beguia, Rabub, Mariam, Bakia, Safía, Maimuna, Abdu e Znug.

A todos eles: SUKHRAN!!!

Janire Suárez, Clara Romano e Laroussi Mohamed.