NOVAS‎ > ‎

DO SÁHARA Ó BAYÓN

publicado a la‎(s)‎ 12 abr. 2018 14:01 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 12 abr. 2018 14:01 ]

Por fin puidemos coñecer e charlar con Ramón Martínez, o ribeirense que cada ano viaxa aos campamentos saharauís. 

O alumnado da ESO e 4º 5º e 6º de EP pasamos a tarde do mércores escoitando con atención todo o que nos tiña que contar. Este ano, levou ademais as medicinas que recollemos na campaña de doazóns e algún material escolar para o Centro de Discapacitados Dr. Castro. 

Contounos que o seu vínculo cos saharauís comezou co programa de acollida “ Vacacións en Paz” cando chegou á súa familia Hassina. Logo el devolveulle a visita ata en 16 ocasións! Cada vez que viaxa, séntese orgulloso de poder axudar nos proxectos que permiten nos campamentos poder seguir avanzando na loita por conseguir regresar ao seu país… As bibliotecas do Bubisher, a Escola de Deporte, torneos de fútbol… e un reto impresionante como é correr o Sahara Maratón. Vimos fotografías e vídeos da súa última viaxe e estamos moi felices de que o noso gran de área chegara xa aos seus destinatarios.

Moitas grazas por visitarnos, por colaborar nun proxecto tan necesario e por estar a carón do pobo saharauí sempre!