NOVAS‎ > ‎

ENGLISH WEEK 3º ESO

publicado a la‎(s)‎ 18 feb. 2019 9:56 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 18 feb. 2019 10:15 ]
O alumnado de 3º de ESO estivo no centro de inmersión lingüística Os Peares, en Lugo, dende o 9 ata o 15 de decembro. Disfrutaron dunha semana de domingo a sábado, en réxime de internado, nun campamento con profesorado e monitores nativos en inglés, onde compaxinaron as actividades formativas con outras de carácter lúdico. 
O obxectivo principal deste programa é proporcionarlle ao alumnado unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Ademais da convivencia entre eles e cos rapaces e rapazas de outros centros educativos.
O noso centro presentou unha solicitude e un proxecto  para participar neste programa, e fomos seleccionados. A estadía foi totalmente gratuíta para as familias, xa que a Consellería asume o custe das mesmas.
A experiencia resultou todo un éxito.