NOVAS‎ > ‎

Ensalada Bayonista

publicado a la‎(s)‎ 23 may. 2019 9:24 por Pepe Lijó Pose   [ actualizado el 23 may. 2019 9:29 ]

Xa temos leitugas na nosa Hortiña Sombría, e non podemos evitar probalas,teñen tan boa pinta!!!!

Como empezamos a ter bo tempo, ocorréusenos facer unha ensalada tropical, acompañando a nosa variada selección de leitugas da Hortiña do Bayón (rizada, roble, lisa) con millo, olivas, froitos secos e refrescantes froitas de tempada (sandía, mazá, amorodos, melón...). Aproveitamos para facer un repaso da pirámide dos alimentos e darnos conta do divertido e rico que pode ser elaborar un prato saudable, repleto de vitaminas, que nos proporcionan vitalidade para nos manteñen sans.

Realizamos un vídeo para que vexades o xeitosos que somos cociñando, esperamos que vos guste tanto coma a nós!!!!!