A Biblioteca Municipal de Riveira está albergar ata o vindeiro 9 de xaneiro unha exposición dedicada a quen fora cronista oficial deste Concello, Carlos García Bayón, con motivo da conmemoración do centenario do seu nacemento. A mostra está formada por abundante material: 19 libros, 8 artigos figuran noutros tantos libros de festas, 7 reseñas biográficas sobre a súa figura e 15 documentos habitualmente custodiados no arquivo municipal. Entre eles, algúns tan salientables como o seu estudo etimolóxico do topónimo Riveira e a acta de sesión plenaria de 1984 sobre a denominación oficial do municipio e a cidade; a acta de sesión plenaria de 1983 sobre a denominación da rúa García Bayón e o seu nomeamento como cronista oficial, ou tamén un proxecto de blasón municipal, parte do cal está reflexado hoxe en día no escudo e a bandeira do noso Concello. URL: CONCELLO DE RIVEIRA. |
NOVAS >